domingo, 5 de mayo de 2013

LIMIAR





 A Asociación Rexionalista Umiense, nace a carón do Río Umia, terra castreña, emblemática polos seus recursos, as súas xentes e a súa historia. Ó seu carón, na Vila de Caldas de Reis a antiga Aquis Celenis nacera o Emperador Alfonso VII, Rey de Galicia. Á súa hospitalidade acolleu a sinfín de pelegríns que adoitaban pasar por estas terras, como a figura senlleira de Tomás Becket, símbolo dos camiñantes na ruta das estrelas. Nados serían nestas terras xentes de cencia, de saber teórico, práctico ó servicio do progreso humano, como o legado de Domingo Fontán no veciño concello de Portas. Coa mente posta en tantos preclaros padroeiros   institúese como unha agrupación cultural que segue o legado da Asociación Rexionalista de Galicia, buscando recoller o testigo que o gran Alfredo Brañas nos deixara: a defensa do costume e a tradición do Antergo Reino de Galicia.
Non buscamos, deste xeito, facer un remedo dos partidos políticos, desenvolvendo un programa concreto e expoñendo con precisión unha visión concreta do Estado; o rexionalismo  trascende a construcción ideolóxica que a política caracteriza, pois non é posible precisar con normas escritas o que non e máis que o amor á pequena patria e o reclamo das nosas prerrogativas e liberdades. Non se define o galego po-las soas razóns raciais ou polo estudo do seu pasado, senón po-lo recoñecemento do seu carácter típico e dos intereses e dereitos historicamente creados á sombra de seculares institucións.
Así, fundados sobre destes principios, e conscentes da débeda moral que sostemos tanto cos nosos devanceiros, que nos entregaron a civilización, como coas xeracións vindeiras, encontramos o noso eido más propio no ámbito social e cultural da cultura galega tradicional, alicerce verdadeiro da pequena Pátria, significada no noso Antergo Reino e todo o que representa.

 Neste esprito,impónsenos a laboura de conservarmos a nosa herdanza e poñelo a disposición dos nosos contemporáneos. Esa é unha das nosas principais preocupacións, a conservación e promoción do legado cultural da nosa bisbarra, non só dese patrimonio escrito na pedra, na historia, no pasado, senón o patrimonio vivo da nosa xente e a súa cultura, na súa fala, das súas historias vividas. E por iso que non podemos desvencellar este esforzo do estudo do rexionalismo histórico; n´ este atopa o seu motor e a súa razón de ser nesa Galicia real tantas veces esmorecida polos oportunismos ideolóxicos e políticos de distinto signo; un esquecemento desa identidade real moitas veces asoballada baixo o prexuizo da técnica, do progreso ou da ideoloxía. Ideoloxía que pretendendo pasar por xenuinamente galega non ven sendo máis que imitación de modelos sociais e culturais implantados noutros pobos. Así, a Asociación Rexionalista Umiense xorde con vocación de chegar a sociedade umiense poñendo ó seu dispor as xenuinas testemuñas desa historia presente e pasada para que dese xeito se poida atopar de novo a si mesma nos fondos alicerces da súa tradicional e secular galeguidade .


A vella procesión camiña,
 magoando cada paso do noso lar,
 silabando en maxestuoso silencio, 
as ferventes contas dun rosario de prata,
 brocado nas lindes de Braga polo asubío inquedante do Miño
 ata as costas do monte Medulio;
 dun castro a outro se levantan os aires de xuventude
 dos altos campanarios dos mosteiros; Samos, Ribas de Sil, Armenteira, Oseira e Monfero.
Dun lado atlantico a outro fendido nas minas se extende

 ese camiñar lixeiro, mais nunca cesado. 
Os lumes batexan febles contra as rochas de San Pedro,
 impedidos e cativos do sol de Ossian e levan,
 na sua faltriqueira esmorecida polo tempo
, a concha dun peregrino e a folla do Laurel estrelecido.
Compostela! chama a sua herdanza
Ourense tebra con pensil verdescente e inmemorial
cansado, repousa o Miño do olvido, cando a romaria cruza a ponte de Ribarteme, flotando nos seus ataudes de gratitud
e laxa o vento sobre a Peregrina
e mornase a brisa en Pontevedra
pecha suas pautes a ria de vigo
e bridanse con viño ata en Ferrol
mais a compaña, o fin baixo a treboada, recesa abaneando os corazones
no mesmo lavadoiro de solpor
Caldas, a fin do camiño
choiva de limpia esperanza
sauda o viaxeiro
e dalle a benvida cunha fror de maio




Asociación Rexionalista Umiense

No hay comentarios:

Publicar un comentario